Loitar contra a silicose

domingo 25 de noviembre, 2012

Fuente: La Región

Ourense, 28 de Octubre de 2012. A Consellería de Traballo e Benestar posibilitou que a Asociación Provincial de Graniteiros levase a cabo recentemente a realización dun Estudo de Investigación das mellores técnicas dispoñibles para a loita contra o pó de sílice nos postos de labra en canteira de granito ornamental. O obxectivo foi poñer a disposición das empresas da provincia unha guía coas mellores e máis eficientes técnicas existentes para minimizar ou eliminar o pó da labra en canteira e con isto lograr unha disminución dos problemas existentes en canto a prevención da silicose se refire.

A metodoloxía utilizada baseouse na recompilación e análise de datos obxectivos, a busca de diversas técnicas e a realización de probas de campo in situ e medicións, avaliando e obtendo distintos resultados para lograr que coa utilización de unha ou varias técnicas sinxelas e económicas, se podan obter unhas medicións de pó que se atopen dentro dos parámetros que a normativa ao efecto establece como adecuados.

Como resultado emitiuse un Informe con Recomendacións Técnicas para a reducción da exposición do pó de sílice que sofren os traballadores nas tarefas de labra de granito en canteira coa intención de que as empresas as implanten para liotar contra a silicose.

volver

Subir