A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) organiza como parte dos actos conmemorativos do seu Centenario, a inauguración da exposición ‘Tesouros da terra: a minería galega a través do tempo’ en Ourense, o martes 17 de xuño ás 12:00 h. na Praza Bispo Cesáreo (Ourense).
A exposición ‘Tesouros da terra: a minería galega a través do tempo’ percorre 2.500 anos de historia mineira en Galicia a través de paneis divulgativos, dende a influencia fenicia e romana que deu nome á Gallaecia polo seu ouro, ata a actualidade, destacando o seu impacto na economía e na sociedade. A mostra subliña a importancia de diversos subsectores como o granito, a lousa, os áridos, augas minerais e balnearios, minerais metálicos, cerámica e minerais industriais. Tamén repasa os cen anos da Cámara Oficial Mineira de Galicia, fundada en 1925, e que evolucionou para defender e promover a riqueza mineral galega, renovando a súa imaxe corporativa para o seu centenario.
Estará dispoñible para a súa visita durante dúas semanas, ata o martes, 1 de xullo.
Esperámosvos en Ourense o vindeiro martes, 17 para o acto de inauguración. Agradecémosvos confirmación de asistencia ao correo cmg@camaraminera.org
