Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Xornada Técnica: «Normativas, oportunidades e recursos para o sector da pedra natural”

Desde a Asociación Provincial de Graniteiros de Ourense (APG Ourense) temos o pracer de convidarche á Xornada Técnica«Normativas, oportunidades e recursos para o sector da pedra natural”, que terá lugar o mércores 18 de xuño de 2025 ás 13:00 horas, na sede de APG Ourense, sita na Confederación Empresarial de Ourense (Praza das Damas, 1 – Ourense).

Esta xornada está dirixida a empresarios e profesionais do sector da mármore, granito, pedra natural e materiais, e ten como obxectivo informar e sensibilizar sobre os riscos que supón a exposición ao pó de sílice para a saúde dos traballadores e para a viabilidade legal e económica das empresas, así como abordar as obrigas normativas e oportunidades de mellora no sector.

 Xornada Técnica«Normativas, oportunidades e recursos para o sector da pedra natural”

  • Data: Mércores, 18 de xuño de 2025
  • Hora: 13:00 h
  • Lugar:Sede de APG Ourense – Confederación Empresarial de Ourense (Praza das Damas, 1 – Ourense)

 PROGRAMA

13:00 h | Apertura institucional


13:15 h | Mesa técnica: Consecuencias legais do traballo con sílice – Sancións e como evitalas

A sílice cristalina respirable está recoñecida como axente canceríxeno. A súa exposición en condicións inadecuadas ten graves consecuencias para a saúde e a viabilidade das empresas.

Temas clave:

  • Que límites legais non se poden superar?
  • Efectos reais da inhalación prolongada.
  • Normativa vixente e obrigas do empresario.
  • Técnicas e medidas para a redución da exposición.
  • Sancións administrativas e responsabilidades legais.

Relatores:

• Francisco Hita López. Responsable de saúde laboral e formación no Centro Tecnolóxico do Mármore, Pedra e Materiais.
• Mª Teresa Pérez Blanco. Xefa do equipo técnico de medicina laboral no Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) da Xunta de Galicia.
• Alfonso González Moral. Docente en prevención de riscos laborais e colaborador técnico de APG Ourense.

14:15 h | Espazo para o diálogo e ágape

Un tempo de encontro informal para intercambiar experiencias, inquietudes e reforzar vínculos entre profesionais e empresas do sector.

Inscricións gratuíta | Confirma a túa asistencia: